miércoles, 29 de enero de 2014

A BIBLIOTECA, PUNTO DE ENCONTRO....

Comezamos as reunións na biblioteca do CLUB DE LECTURA no tempo da HORA DE LER. Personaxes como CATUXA, IRIA, NUNO.. o can LADRÓN e por suposto BUTO, o "cirurxián do calzado", o túzaro zapateiro, xa forman parte das nosas conversas, dos nosos comentarios e da nosa vida cotiá...

domingo, 26 de enero de 2014

CLUB DE LECTURA 2013-2014...

Un curso máis o CLUB DE LECTURA está presente dentro das actividades da BIBLIOTECA e comezamos con dous libros do escritor EUMÉS ANTONIO MANUEL FRAGA. Máis de OITENTA alumnos/as de CUARTO, QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA participarán, voluntariamente,  este ano  no CLUB. Os libros propostos son XILDAS e O CASTAÑEIRO DE ABRIL, PREMIO MERLÍN 2013. Todas e todos imos disfrutar coa lectura, cos comentarios, coas opinións,... sobre estes dous libros de LITERATURA INFANTIL E XUVENIL e que rematará aló pola primavera  coa visita á nosa biblioteca de ANTONIO para completar a información sobre os mesmos e contarnos as súas impresións como escritor e como EUMÉS. Grazas ANTONIO pola túa colaboración. Agardámoste!!!



 Antonio envíavos a seguinte mensaxe no comezo das actividades do
CLUB

   Desexo mandar un saúdo a todos os rapaces apuntados no club de lectura da biblioteca do Couceiro Freixomil de Pontedeume, e darlles os meus parabéns por animarse a participar nesta actividade. Poucas cousas me teñen dado tantas satisfaccións como ler, e nunca considerei tempo perdido o estar agarrado a un libro. Así, lendo na miña cama, na praia de Cabanas, na  biblioteca de Pontedeume, ou mesmo no Couceiro Freixomil durante os meus anos de estudante, puiden viaxar a centos de lugares diferentes e vivir as aventuras que outros viviron.
Hai que ter valor para viaxar dentro dun libro, e vós xa demostrastes a vosa afouteza apuntándovos a este club. Agora, a gozar da lectura! E lembrade sempre as palabras do escritor norteamericano Ray Bradbury: "Sen bibliotecas, que temos? Nin pasado nin futuro".