jueves, 4 de febrero de 2021

Club de Lectura de 6º E.P. "Plan de rescate" Antía YAÑEZ


 Benvid@s ao 1º día do club. Ao longo desta actividade iremos lendo o libro ao tempo que facemos outras cousas ademais de ler.








Neste 1º día imos coñecer a autora e a súa obra a través dunha entrevista que poderedes ler premendo na súa imaxe.



Aquí vos quedan os datos deste libro que hoxe comezamos (Premede nas ligazóns!):

Título: Plan de rescate
Texto:Antía Yáñez
Ilustracións:Xiana Teimoy

Editorial:Edicións Xerais de Galicia
Colección:Merlín

+ info:https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092338

Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2019



 Cando xa teñamos avanzado o libro realizaremos un encontro con Antía que respostará a todas as vosas cuestións.

Club de Lectura 5º E. P. "A señorita Bubble" Ledicia Costas

 Benvid@s ao Club de Lectura de 5º!

Imos ler , como ben sabedes, "A señorita Bubble". Para un primeiro achegamento ao libro aquí vos deixamos unha presentación feita por nenos e nenas doutro colexio. A que da ganas de comezar a ler!



Para coñecer a autora teremos una sesión do club onde poderemos falarlle e preguntarlle todas as cuestións que vaian xurdindo ao longo da lectura conxunta que realizaremos este trimestre; mais aquí vos deixamos unha información inicial sobre Ledicia Costas.



Club de Lectura 4º E.P. "O capitán maimiño" Antonio M. FRAGA

 Benvid@s ao club de lectura!!!

Este ano imos ler  "O capitán maimiño" un libro dun escritor nado na nosa vila. O capitán Maimiño, xefe dos exércitos do rei Pousafoles V, está desesperado. O seu fillo Belleco non quere ser guerreiro coma el, e a súa filla Chinchanamoca prefire enredar polo bosque a ser unha doncela casadeira.

Os seus problemas aumentan cando lle cae do corpo a parte da que está máis fachendoso: o maimiño da súa man dereita. Daquela ofrécese a solucionarllo o anano Chuculú, mais ese plan nada ten que ver co que se esperaba del...

Seguide lendo no club, pasarédelo moi ben!






Cando xa levedes o libro ben avanzado coñeceredes ao autor do libro, mentres non chega esa data aquí tedes infornación sobre a súa vida e obra

Antonio Manuel Fraga é de Nogueirosa. . Premede no seu retrato para acceder á información.


Premendo na imaxe seguinte poderedes ver diversas gravacións onde teredes oportunidade de coñecer mellor ao escritor eumés.


Xa estamos a ler "O capitán maimiño" pero cando rematedes podedes animarvos a coller da nosa biblioteca outros libros de Antonio Fraga. Preme nas imaxes para ver o argumento:




Xa comezou o Club de LectURA , ollade nesta ligazón a actividade nas aulas de 4ª :

Xa tiveron o encontro co autor. Logo fixeron unhas reflexións ben interesantes que teñen colgadfas no seu blog " Facendo Escola" Premendo veredes unhas curtametraxes feitas logo de rematar o club. Xa están preparando outro!







martes, 4 de febrero de 2020

CLUB DE LECTURA 6º.

Este curso 2019-20 o alumnado de sexto traballará co libro do autor Antón Cortizas Os Gritos das illas Lobeiras.
Esperamos que esta actividade contribúa a desenvolver o gusto pola lectura no noso alumnado.




Quen é o autor?

Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato «A media muller» co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: «Memorias dun río» (1988), Premio Barco de Vapor 1988; «Xiganano ¿onde estás?» (1990); «O conto dos sete medos» (1991), Premio Barco de Vapor 1991; «O lapis de Rosalía» (1992) (Xerais 2015); «A bruxa sen curuxa» (1993); «O merlo de ferro» (1995) (Xerais 2013); «Os gritos das illas Lobeiras» (Xerais 2019), Premio Barco de Vapor 1995; «Historias e algún percance todas ditas en romance» (1996); «Leonel» (Xerais 1996); «Contos de vento e de nunca acabar» (1999); «Dominicus o dragón» (2001); «A merla de trapo», Premio Merlín de Literatura Infantil (Xerais 2001); «¡Cázame ese pensamento!» (2001); «O coleccionista de sombras» (2002), «Onde o sol non adormece» (Xerais 2003) e «Vaia tropa!» (Xerais 2011). Como investigador publicou «Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares» (Xerais 2001), «Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota» (Xerais 2010) e «Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza» (Xerais 2013) Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, 2013 e Premio Losada Diéguez de Investigación 2014 . Coa obra «Incrible invento de Solfis, a pianista» (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós e con «Xogando con gatos» (Xerais 2015), o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014.

Para saber máis sobre o ilustrador, Leandro Lamas podes clicar no seu nome.

domingo, 2 de febrero de 2020

QUEN SALVOU UN CAN. !! CLUB DE LECTURA 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 2020.


 

AQUÍ ESTAMOS, COMEZANDO O CLUB DE LECTURA  2020!!!

 

 Este ano DA MAN DE ….QUEN SALVA UN CAN!! da escritora galega ÉRICA ESMORÍS.


 PREMIADA  CO PREMIO MERLÍN 2020!!




ÉRICA Esmorís  xa foi premiada CO PREMIO MERLÍN no ano 2015 pola súa obra NENA E O MAR.




Argumento da obra:

QUE FARÍAS POR SALVAR O TEU CAN?

Rai faríao todo. Por amor á súa cadela Nona, Rai lánzase á aventura máis disparatada e, por momentos arriscada, na terra onde os cans falan. Conducido polos cans Brutus Máximus, Matateu von der Lempertaler, Sete e Garlapata, e pola gata Laika (voluntarios da impopular asociación Amigos dos Humanos), Rai terá que atravesar as montañas Xemelgas, cruzar o bosque Escuro, superar o río Inquedo e, o máis importante, descifrar o corazón dos cinco voluntarios.
Aventuras, emoción e humor nunha historia de busca e de sorprendentes achados.
 
 
Moitos/as coñecedes a Érica Esmorís doutras obras , porque na nosa biblioteca contamos con exemplares desta autora.
 
Pero por se acaso, para os/as non a coñecedes aquí deixamos o enlace a súa páxina web, para que poidades leer un pouco sobre a súa vida .
 
 
 
 
 
 
 

jueves, 20 de junio de 2019

martes, 21 de mayo de 2019

Coñecendo a Cajaraville

Chegou o día! Xa coñecemos ao autor de Kusuma.


 Foi unha sesión diferente do club de lectura. Tivemos tempo a escoitar a Héctor e a conversar con el sobre a súa labor como escritor, a súa obra, as personaxes, os valores traballados na súa fábula, etc.




.Logo asinounos exemplares da súa obra.

















Escoitade retallos desta actividade!







Moitas grazas Héctor!