Comezamos un novo curso no CLUB DE LECTURA. Dámoslle a benvida aos novos alumnos e alumnas que se incorporan a este CLUBe dándolle as grazas aos que seguen un ano máis lendo e compartindo. Este ano, a nosa biblioteca xunto con outras moitas bibliotecas de FERROLTERRA, estamos enfrascados no coñecemento e colaboración dun marabilloso proxecto cos nenos e nenas do SAHARA. Baixo o lema COÑECERNOS PARA QUERERNOS descubrimos oBUBISHER e desde ese momento queremos saber máis, coñecernos mellor, compartir,.. No CLUB DE LECTURA imos ler e comentar un libro escrito por GONZALO MOURE, e que nos presenta a relación de amizade entreKORI, un neno saharaui xordomudo de oito anos, e un camelo. Unha historia de silencios e palabras, de conversas coas mans e co corazón, de amizade e de dor. Unha historia que nos levará ata SMARA e que nos permitirá achegarnos a vidacotiá dos campamentos de refuxiados de Tinduf, onde vive o pobo saharaui ese pobo que GONZALO MOURE visita con frecuencia nunha rfelación tamén de amizade, que o levou a participar en proxectos tan fermosos como o BUBISHER. Alí, en Smara, é onde Kori vai á escola e devece por aprender a escribir.