Hoxe comezou o alumnado de 4º a participación no CLUB DE LECTURA co libro A PEDRA E AS FORMIGAS deJACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. Os nenos e nenas doSEGUNDO CICLOparticipan por vez primeira no CLUB e estaban todos moi ilusionados por compartir, por conversar, por preguntar,... por esta lectura, e por saber algo máis do seu autor, JACOBO, a quen teremos a portunidade de coñecer en persona máis adiante. Veña, moito ánimo aos rapaces e rapazas de 4º e animalos a que fagan comentarios e debuxos para participar nun gran mural que lle presentaremos a JACOBO...
O alumnado de 5ºA comezou a súa andaina no CLUB DE LECTURA, A primeira sesión foi unha toma de contacto con esta páxina do CLUB e coa presentación realizada por JACOBO de animación á lectura de MIL COUSAS PODEN PASAR... e xa arrincamos.... con LINA, POUCO, PINDO IV, e toda a realeza dos fondos mariños....