Tal como estaba previsto, o pasado xoves día 8, estivo no CLUB DE LECTURA o escritor GONZALALO MOURE. Foi unha visita totalmente inesquecible pois, tal como se pode ver nas fotos da reunión, o alumnado e profesorado que asistiu á mesma quedou totalmente abraiado, engaiolado,... pola linguaxe tan directa de Gonzalo, verdadeiro maestro da comunicación. Sabe meter, cunhas poucas pinceladas, ao auditorio no peto, e se este auditorio xa estaba enganchado previamente coa lectura de PALABRAS DE CARAMELO, o efecto conseguido é espectacular. Pasóusenos a hora voando e aprendimos un montón de cousas. Aprendimos a querer e comprender mais a KORI, a CARAMELO, e sobre todo ao POBO SAHARAUI.
Gonzalo, segue charlando moitos anos con FATIMETSU coas mans e co corazón. Grazas por todo, amigo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario