NOVO PROXECTO DO CLUB...
Comezamos este novo curso no noso CLUB DE LECTURA con dúas novas propostas do escritor JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. Por un lado, para o terceiro ciclo, o libro MIL COUSAS PODEN PASAR I, que recibiu o premio MERLÍN 2009. Por outro lado e para o segundo ciclo o libro do mesmo autor A PEDRA E AS FORMIGAS. Temos que destacar que este ano ampliamos o CLUB ao alumnado do SEGUNDO CICLO. En total están anotados cáseque CEN ALUMNOS. Todo un éxito para o noso xoven CLUB pois todos os que acuden ao mesmo acuden dun xeito totalmente voluntario. Por último comentar que JACOBO visitaranos ao longo deste curso e compartirá un tempo connosco na nosa BIBLIOTECA contándonos as súas impresións sobre as súas obras e mostrándonos a súa outra faceta, a de ilustrador, pois el realiza as ilustracións non só dos seus libros senón que tamén colabora cos outros escritores como por exemplo TERESA GONZÁLEZ COSTA na súa obra A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS que tivemos a oportunidade de coñecer hai dous cursos despois de traballar o seu libro no noso CLUB. Ánimo a tod@s pois COMEZAMOOOOOOSSSSS!!!!
Hola !
ResponderEliminarEstou moi ilusionada por volver a empezar no club de lectura .
Espero que poda vir Jacobo Fernández Serrano para poder falarnos sobre a conto .
Un saúdo .
Hola ! encantame ir ao clube de lectura e comentar o libro.
ResponderEliminarÉ moi interesante e entretido.
Estou ansiosa por que veña Jacobo.
un saúdo.