Un curso máis o CLUB DE LECTURA está presente dentro das actividades da BIBLIOTECA e comezamos con dous libros do escritor EUMÉS ANTONIO MANUEL FRAGA. Máis de OITENTA alumnos/as de CUARTO, QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA participarán, voluntariamente, este ano no CLUB. Os libros propostos son XILDAS e O CASTAÑEIRO DE ABRIL, PREMIO MERLÍN 2013. Todas e todos imos disfrutar coa lectura, cos comentarios, coas opinións,... sobre estes dous libros de LITERATURA INFANTIL E XUVENIL e que rematará aló pola primavera coa visita á nosa biblioteca de ANTONIO para completar a información sobre os mesmos e contarnos as súas impresións como escritor e como EUMÉS. Grazas ANTONIO pola túa colaboración. Agardámoste!!!
Antonio envíavos a seguinte mensaxe no comezo das actividades do CLUB:
Desexo mandar un saúdo a todos os rapaces apuntados no club de lectura da biblioteca do Couceiro Freixomil de Pontedeume, e darlles os meus parabéns por animarse a participar nesta actividade. Poucas cousas me teñen dado tantas satisfaccións como ler, e nunca considerei tempo perdido o estar agarrado a un libro. Así, lendo na miña cama, na praia de Cabanas, na biblioteca de Pontedeume, ou mesmo no Couceiro Freixomil durante os meus anos de estudante, puiden viaxar a centos de lugares diferentes e vivir as aventuras que outros viviron.
Hai que ter valor para viaxar dentro dun libro, e vós xa demostrastes a vosa afouteza apuntándovos a este club. Agora, a gozar da lectura! E lembrade sempre as palabras do escritor norteamericano Ray Bradbury: "Sen bibliotecas, que temos? Nin pasado nin futuro".
Encantame o libro de "Castañeiro de abril", está moi interesante.
ResponderEliminarUn saúdo.
Yaiza Diaz 6A
Do*
ResponderEliminarO libro do "Castañeiro de Abril" está moii interesante.
ResponderEliminarAs irmáns Carabullo, que malvadas son sempre con o pobre Baltasar. Encántame o libro.
Un bico.
Ana 6B
Soy Yashmina unaha alumna de 6ºB .
ResponderEliminarO libro do Castiñeiro de Abril e moi interesante e moi divertido.
Un bico. Unha aperta.