Arranca de novo este curso 2014/2015, con toda a ilusión, o CLUB DE LECTURA. Este ano vai adicado ao escritor MARCOS CALVEIRO.
MARCOS quixo ser arqueólogo, debuxante de cómics músico e arquitecto pero acabou exercendo de avogado en Vigo. De cativo era pouco falador; prefería observar o mundo e escoitar as historias dos clientes na taberna dos avós. Da súa paisón polas civilizacións afastadas naceu a súa necesidade de escribir e de contar...Moitas son as obras escritas por Marcos das que escollemos dúas para ler no soso CLUB: O CARTEIRO DE BAGDAG, premio ALA DELTA 2007 de literatura infantil, que lerá o alumnado de QUINTO e PALABRAS DE AUGA, premio MERLÍN 2012 de literatura infantil que traballará o alumnado de SEXTO e, no medio, moitas máis obras e moitos máis premios.
Na nosa lembranza está Zoe, filla do escritor, que compartiu con todos nós a súa estadía no colexio e a pesares de que esta foi breve, botámola moito de menos.
Comezamos o noso CLUB DE LECTURA e esperamos ter pronto a Marcos no noso centro para comentar, para compartir, para sañar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario