"O oitavo día que a lanza fica chantada na terra, Amadou non pode pasar toda a xornada baixo o inclemente solleiro encrequenado cos seus compañeiros arredor dela como aquel primeiro día. Todos eles teñen que asistir ao consello da tribo para falar de "Palabras de auga". Jambo! Benvidos a todas e todos a este consello do clan dos wataki, do país de Lomba. Hoxe, mulleres e nenos van ter voz nas decisións do noso clan. Todos, despois de ter lido o libro, gañamos o dereito de acudir á reunión..."
Marcos falounos moito máis ca do seu libro: falounos de África, da súa música e os seus bailes, da seca, da loita pola supervivencia, do que une aos nenos de todo o mundo e do que, por desgraza, os separa. E contestou moitas, pero que moitas preguntas....
Un dos momentos máis emocionantes foi cando nos falou do COLTÁN, esa combinación de minerais que se está a converter no ouro negro de século XXI debido á súa utilización na fabricación de teléfonos móbiles, tabletas, consolas, pantallas...O coltán é o mineral que se agocha baixo o enigmático sobrenome das "PEDRAS NEGRAS" no libro
Despois de despedir ao grupo que leu PALABRAS DE AUGA, cambiamos o grupo e o escenario. Trasladámonos a BAGDAD, cideda milenaria para comentar o libro de Marcos O CARTEIRO DE BAGDAD.
“Estamos en Bagdad, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d’As mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúa. Alleo a todo, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.”
As preguntas e a participación do alumnado foi moi, moi interesante e Marcos explicoulle como foi e como é actualmente a vida nesta cidade onde os balbordos das armas resoan sen cesar. Foi unha experiencia emocionante!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario