Iniciamos unha nova lectura, co alumnado de SEXTO "b". As voces de Baltasar, Buto, as irmás Carabullo e como non, O CASTAÑEIRO DE ABRIL volverán a ter un lugar na nosa biblioteca. Novas ilusións, novas emocións esperando a visita con ansiedade o día 2 de abril do seu escritor, ANTONIO MANUEL FRAGA.
lunes, 31 de marzo de 2014
martes, 11 de marzo de 2014
ANTONIO SEIJAS....
.jpg)
Hoxe presentamos no CLUB DE LECTURA a ANTONIO SEIJAS, o ilustrador do libro de ANTONIO MANUEL FRAGA que estamos a ler no noso CLUB. Antonio traballa moitas facetas da ilustración, non só de libros senón tamén na BANDA DESEÑADA, discos, carteis etc....Naceu preto de Pontedeume, en ARES e realiza frecuentes exposicións dos seus traballos, concretamente este mesmo mes expón en MADRID. No libro de ANTONIO MANUEL podemos admirar as magníficas ilustracións creadas por este artista aresán onde nos mostra a súa visión dos personaxes da obra, Baltasar, Buto, o castañeiro, as irmáns Carabullo...
Gañador de moitos premios como o ISAAC DÍAZ PARDO polo seu libro ilustrado CARTAS DE INVERNO. Se premes sobre a fotografía de ANTONIO terás aceso ao seu blog, e enbaixo un vídeo para coñecer algo máis ao artista.Podemos tamén ver as súas ilustracións nos decorados da serie televisiva "La que se avecina"
miércoles, 29 de enero de 2014
A BIBLIOTECA, PUNTO DE ENCONTRO....
Comezamos as reunións na biblioteca do CLUB DE LECTURA no tempo da HORA DE LER. Personaxes como CATUXA, IRIA, NUNO.. o can LADRÓN e por suposto BUTO, o "cirurxián do calzado", o túzaro zapateiro, xa forman parte das nosas conversas, dos nosos comentarios e da nosa vida cotiá...
domingo, 26 de enero de 2014
CLUB DE LECTURA 2013-2014...
Un curso máis o CLUB DE LECTURA está presente dentro das actividades da BIBLIOTECA e comezamos con dous libros do escritor EUMÉS ANTONIO MANUEL FRAGA. Máis de OITENTA alumnos/as de CUARTO, QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA participarán, voluntariamente, este ano no CLUB. Os libros propostos son XILDAS e O CASTAÑEIRO DE ABRIL, PREMIO MERLÍN 2013. Todas e todos imos disfrutar coa lectura, cos comentarios, coas opinións,... sobre estes dous libros de LITERATURA INFANTIL E XUVENIL e que rematará aló pola primavera coa visita á nosa biblioteca de ANTONIO para completar a información sobre os mesmos e contarnos as súas impresións como escritor e como EUMÉS. Grazas ANTONIO pola túa colaboración. Agardámoste!!!
Antonio envíavos a seguinte mensaxe no comezo das actividades do CLUB:
Desexo mandar un saúdo a todos os rapaces apuntados no club de lectura da biblioteca do Couceiro Freixomil de Pontedeume, e darlles os meus parabéns por animarse a participar nesta actividade. Poucas cousas me teñen dado tantas satisfaccións como ler, e nunca considerei tempo perdido o estar agarrado a un libro. Así, lendo na miña cama, na praia de Cabanas, na biblioteca de Pontedeume, ou mesmo no Couceiro Freixomil durante os meus anos de estudante, puiden viaxar a centos de lugares diferentes e vivir as aventuras que outros viviron.
Hai que ter valor para viaxar dentro dun libro, e vós xa demostrastes a vosa afouteza apuntándovos a este club. Agora, a gozar da lectura! E lembrade sempre as palabras do escritor norteamericano Ray Bradbury: "Sen bibliotecas, que temos? Nin pasado nin futuro".

martes, 12 de marzo de 2013
A PEDRA E AS FORMIGAS...

Hoxe comezou o alumnado de 4º a participación no CLUB DE LECTURA co libro A PEDRA E AS FORMIGAS de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. Os nenos e nenas do SEGUNDO CICLO participan por vez primeira no CLUB e estaban todos moi ilusionados por compartir, por conversar, por preguntar,... por esta lectura, e por saber algo máis do seu autor, JACOBO, a quen teremos a portunidade de coñecer en persona máis adiante.
Veña, moito ánimo aos rapaces e rapazas de 4º e animalos a que fagan comentarios e debuxos para participar nun gran mural que lle presentaremos a JACOBO...
lunes, 4 de marzo de 2013
TÓCALLE O TURNO AOS DE 5ºA...
O alumnado de 5ºA comezou a súa andaina no CLUB DE LECTURA, A primeira sesión foi unha toma de contacto con esta páxina do CLUB e coa presentación realizada por JACOBO de animación á lectura de MIL COUSAS PODEN PASAR... e xa arrincamos.... con LINA, POUCO, PINDO IV, e toda a realeza dos fondos mariños....
domingo, 17 de febrero de 2013
LIM...
Realiza este LIM que nos trae o gato KANDÁS elaborado polo CEIP ESPIÑEIRA de ALDÁN. Grazas por compartir este traballo.
Para abrir o LIM, premede co rato sobre o gato KANDÁS...

Quixen meter nun libro
o saber dos meus parentes
e saíronme dous tomos
coas folliñas transparentes.
Xa tedes á vosa disposición o LIBRO 2
de MIL COUSAS PODEN PASAR
na BIBLIOTECA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)