Un CLUB DE LECTURA!!
Queridas amigas e amigos, que sorte! Vaia privilexio estrear unha biblioteca nova contando con algo que é infinitamente máis importante ca os libros -e mira que os libros son o osíxeno das bibliotecas, pois deles aliméntanse e respiran-, contando, digo, con vós, cos lectores e lectoras!Eu xa son tan maior... que xa sei de sobra que vós sodes o máis importante en todo o proceso de lectura e escritura.O profesor Xulio díxome que ides comezar unha deliciosa viaxe para descubrir e comentar xuntos a forza das palabras. Veredes que fortes vos ides sentir: ides ser quen de dicir SI ou NON convencidos, ides medrar por dentro, ides emocionarvos, ides rir e escandalizarvos con olladas pillabanas... Sinto envexa, eu, cando era coma vós, non tiña biblioteca no cuarto, nin na casa, nin na escola, nin na miña pequena vila...Tamén me dixo que ides comezar a vosa experiencia co libro "O misterio dos fillos de Lúa". Moitas grazas por esa honra. OXALÁ VOS GUSTE TANTO COMO ME GUSTOU A MIN ESCRIBILO.
Dunha volta tiven unha gata que se chamaba Lúa, un fillo meu -que xa era maior daquela- atopáraa abandonada nun camiño e, cando Lúa medrou, namorou e ía ter gatiños, quería que estivésemos alí con ela. A min pareceume tan fermoso o que vin: aínda estaban máis gatiños por nacer e Lúa xa estaba aseando e coidando ao que nacera. Iso... o marabilloso que hai no feito de NACER, é o que me moveu a escribir esa historia que, por certo, continúa viva grazas a xente coma vós.Dende agora sodes unha sorte de intrépidos corsarios e corsarias que, de maneira pacífica - ou non tanto- ides atopar deliciosos tesouros, por suposto que non sen esforzo, mais... paga a pena!!.
Bo rumbo, piratas!!
De corazón, Fina.
Moitas grazas polas túas palabras que de seguro estimularán aos membros do club na lectura deste libro.
ResponderEliminarGrazas Fina por estas plabras.
ResponderEliminarhola,a min en concreto gustame moito este club,porque...NON SEI!!!Pero esta actividade mola moito!!!!!!
ResponderEliminarFORON UNHAS PALABRAS MOY MOY BONITAS
ResponderEliminargracas polas tuas palabras gustaronme moito
ResponderEliminarGrazas por esas palabras gustáronme moito e o teu libro tamen.
ResponderEliminarGrazas Fina.
O teu libro xa é bó nada máis comezalo.
ResponderEliminarLinme os cinco primeiros capítulos nunha soa noite!!!
Gustame moito o teu libro e agradezoche as tuas palabras espero que este club de lectura siga sendo así
ResponderEliminarNos gusta mucho este CLUB DE LECTURA!!
ResponderEliminarLas palabras de Fina nos dan muchos ànimos
para leer este libro.
MUCHAS GRACIAS POR TUS PALABRAS FINA!!
un besoo!!
Hola,grazas por esas palabras tan bonitas,moitas grazas.Atentamente unha alumna
ResponderEliminargrazas polas tuas palabras
ResponderEliminarAs palabras de Fina gustàronnos moito!!
ResponderEliminareste club de lectuura nos encanta!
un besoo
volvo a escribir porque o teu libro xa era bó nada mais empezalo, agora eu xa lin 2capitulos e esta moi moi moi moi moi interesante
ResponderEliminarPois me encantaron os 5 capítulos e o libro e moi interesante
ResponderEliminarFina,as palabras que escribiche son moi bonitas
ResponderEliminareste clube esta rematado e co libro acabado!!!!fina moitas grazas por publicar libros tan chulis!!!
ResponderEliminar