Hoxe, 3 de maio, realizamos a presentación do CLUB DE LECTURA e do primeiro dos libros propostos, O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA da escritora FINA CASALDERREY. Un total de quince nenos e nenas do quinto nivel del primaria compoñen, voluntariamente, este primeiro grupo de pequenos lectores. En primeiro lugar presentóuselles o BLOG do club que vai ser referente e medio de participación para todos eles onde leron emocionados o escrito de ánimo que FINA lles enviou. Posteriormente repartíronselles os libros e o profe leulles o primeiro dos capítulos onde se presentan aos personaxes e que serve de gancho para o desenvolvemento do libro. Déronselles as pautas das futuras reunións, seis sesións, os luns na BIBLIOTECA durante o tempo da HORA DE LER. Todos e todas saímos moi animados co libro baixo o brazo e co bandullo un pouco máis cheo despois de dar boa conta dunha bica de chocolate que fixo o profe. QUE BOA ESTABA!!!...
Da bica non quedou nada!!!
ResponderEliminarme gustou moito comer o bizcoito e ler so ate o capitulo e xa me gusta moito
ResponderEliminarEste clube paréceme unha boísima idea.
ResponderEliminarE para comezar, o biscoito foi un moi bó detalle! Boísimo!
gustoume o bizcoito e o libro estou polo capitulo 15
ResponderEliminarme encanta o clube de lectura e fantastico
ResponderEliminar¡o libro mallor non pode ser!
ResponderEliminarque mal o clube de lectura xa está por rematar
ResponderEliminardame moita magoa...