martes, 24 de mayo de 2011

PUNTO E FINAL...POR ESTE CURSO.



Remata por este ano O CLUB DE LECTURA . Rematamos o libro de TERESA GONZÁLEZ COSTA "A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS". Foron unhas xornadas moi positivas coa lectura, comentarios e suxestións deste alumnado animoso e participativo. PARABÉNS a todos e a todas polo bó traballo. Como colofón podedes completar este libro interactivo que, despois da súa lectura, vai resultarvos moi doado de completar. Pinchade AQUÍ.













sábado, 26 de marzo de 2011

ENCONTRO CON TERESA GONZÁLEZ COSTA...


O pasado venres, 25 de marzo recibimos a grata visita de TERESA GONZÁLEZ COSTA, premio MERLÍN 2010 e que compartiu cos membros do CLUB DE LECTURA un un rato moi, moi agradable . A autora de A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS explicou ás nenas e nenos que voluntariamente forman parte deste club de lectura as súas inquedanzas, a súa visión dos distintos persoeiros que aparecen no seu libro, as súas vivencias.... e pola biblioteca do colexio desfilaron algúns personaxes moi entrañables para todos nós como SERAFINA, DONA PERFECTA, O VELLO ELÍAS, MILO, MARTIÑO O BRAVO... Os nenos e nenas fixéronlle a TERESA mil e unha preguntas ás que a autora respondeu dun xeito sinxelo mantendo en todo momento a atención e interese do alumnado. Finalmente e con toda amabilidade do mundo asinou un a un en cada libro que o alumnado ía presentandolle con dedicatorias moi cariñoñas. Foi unha xornada inesquecible e agradecémoslle a TERESA a súa presenza na nosa biblioteca e desexámoslle moitos éxitos no futuro. GRAZAS TERESA e ata sempre.


jueves, 24 de marzo de 2011

A BICICLETA TEN A SÚA HISTORIA...



Serafina fai equilibrios e pinchacarneiros sobre a súa bicicleta á que bautizou co nome de CELERÍFERA. Todos nós montamos algunha vez en bicicleta e, o que máis e o que menos intentou algunha vez facer cabriolas sobre a mesma. Debemos de usala con responsabilidade, pois non deixa de ser un vehículo con moi pouca protección. Disfrutade coa vosa bicicleta pero tomando sempre as debidas precaucións.


A bicicleta ten a súa historia. Non sempre foi como a coñecemos actualmente. Foi evolucionando co paso do tempo ata chegar á actualidade.
Se queres pescudar na historia da bicicleta, "pincha" sobre as fotografías que enlazan con páxinas onde se explica a súa historia e onde verás en imáxes a metamorfose que foi sufrindo.

A BICICLETA TEN HISTORIA

viernes, 18 de marzo de 2011

MENSAXE DA ESCRITORA AOS MEMBROS DO CLUB...


Benqueridos lectores,
En primeiro lugar gustaríame comunicarvos os meus parabéns por todo o que estades a facer para levar adiante ese lugar tan importante. Grazas por convidarme, para min é un verdadeiro pracer poder ir onda vós. Teño moitas gañas de coñecervos e de saber máis sobre as actividades que levades a cabo.
Estarei aí dentro de nada, uns días, para que xuntos falemos de todo o referente ao libro A Filla do Ladrón de Bicicletas. Non teño dúbida de que será unha conversa moi agradable, na que seguramente me contedes o que o libro espertou en vós. Espero as vosas opinións, as reflexións sobre os personaxes e outros moitos aspectos... E aproveitade, claro, para facerme todas as preguntas que queirades sobre o libro!

Recibide unha aperta moi forte e moitos ánimos da autora de A Filla do Ladrón de Bicicletas. Ata moi pronto,
Teresa González Costa

jueves, 10 de febrero de 2011

TODA UNHA FESTA...


Toda unha festa foi a presentación de A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS no CLUB DE LECTURA da nosa BIBLIOTECA. Encantoulles o reto e .. A BICA para a celebración.


jueves, 3 de febrero de 2011

FALA A ESCRITORA...


A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS...


O CLUB DE LECTURA abre de novo as súas portas a un libro moi especial: "A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS " da escritora de O GROVE TERESA GONZÁLEZ COSTA, que con este libro acadou o PREMIO MELÍN 2010. Durante as vindeiras semanas os membros do CLUB falarán, comentarán e intercambiarán opinións sobre este libro. Atención: preparados, listos e listas...XAAAA!!! COMEZAMOS!!!...