martes, 12 de marzo de 2013

A PEDRA E AS FORMIGAS...

Hoxe comezou o alumnado de 4º a participación no CLUB DE LECTURA co libro A PEDRA E AS FORMIGAS  de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.  Os nenos e nenas do SEGUNDO CICLO participan por vez primeira no CLUB e estaban todos moi ilusionados por compartir, por conversar, por preguntar,... por esta lectura, e por saber algo máis do seu autor, JACOBO, a quen teremos a portunidade de coñecer en persona máis adiante.
Veña, moito ánimo aos rapaces e rapazas de 4º e animalos a que fagan comentarios e debuxos para participar nun gran mural que lle presentaremos a JACOBO...

lunes, 4 de marzo de 2013

TÓCALLE O TURNO AOS DE 5ºA...

O alumnado de 5ºA comezou a súa andaina no CLUB DE LECTURA, A primeira sesión  foi unha toma de contacto con esta páxina do CLUB e coa presentación realizada por JACOBO de animación á lectura de MIL COUSAS PODEN PASAR... e xa arrincamos.... con LINA, POUCO, PINDO IV,  e toda a realeza dos fondos mariños....