martes, 12 de marzo de 2013

A PEDRA E AS FORMIGAS...

Hoxe comezou o alumnado de 4º a participación no CLUB DE LECTURA co libro A PEDRA E AS FORMIGAS  de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.  Os nenos e nenas do SEGUNDO CICLO participan por vez primeira no CLUB e estaban todos moi ilusionados por compartir, por conversar, por preguntar,... por esta lectura, e por saber algo máis do seu autor, JACOBO, a quen teremos a portunidade de coñecer en persona máis adiante.
Veña, moito ánimo aos rapaces e rapazas de 4º e animalos a que fagan comentarios e debuxos para participar nun gran mural que lle presentaremos a JACOBO...

lunes, 4 de marzo de 2013

TÓCALLE O TURNO AOS DE 5ºA...

O alumnado de 5ºA comezou a súa andaina no CLUB DE LECTURA, A primeira sesión  foi unha toma de contacto con esta páxina do CLUB e coa presentación realizada por JACOBO de animación á lectura de MIL COUSAS PODEN PASAR... e xa arrincamos.... con LINA, POUCO, PINDO IV,  e toda a realeza dos fondos mariños....

domingo, 17 de febrero de 2013

LIM...



Realiza este LIM que nos trae o gato KANDÁS elaborado polo CEIP ESPIÑEIRA  de ALDÁN. Grazas por compartir este traballo.


Para abrir o LIM, premede co rato sobre o gato KANDÁS...



Quixen meter nun libro
o saber dos meus parentes 
e saíronme dous tomos 
coas folliñas transparentes.

Xa tedes á vosa disposición o LIBRO 2  
de MIL COUSAS PODEN PASAR
na BIBLIOTECA.

sábado, 26 de enero de 2013

domingo, 20 de enero de 2013

NOVO PROXECTO DO CLUB...











Comezamos este novo curso no noso CLUB DE LECTURA con dúas novas propostas do escritor JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.  Por un lado, para o terceiro ciclo, o libro MIL COUSAS PODEN PASAR I, que recibiu o premio MERLÍN 2009. Por outro lado  e para o segundo ciclo o libro do mesmo autor A PEDRA E AS FORMIGAS. Temos que destacar que este ano ampliamos o CLUB ao alumnado do SEGUNDO CICLO. En total están anotados cáseque CEN ALUMNOS. Todo un éxito para o noso xoven CLUB pois todos os que acuden ao mesmo  acuden dun xeito totalmente voluntario. Por último comentar que JACOBO visitaranos ao longo deste curso e compartirá un tempo connosco na nosa BIBLIOTECA contándonos as súas impresións sobre as súas obras e mostrándonos a súa outra faceta, a de ilustrador, pois el realiza as ilustracións non só dos seus libros senón que tamén colabora cos outros escritores como por exemplo TERESA GONZÁLEZ COSTA na súa obra A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS  que tivemos a oportunidade de coñecer hai dous cursos despois de traballar o seu libro no noso CLUB. Ánimo a tod@s pois COMEZAMOOOOOOSSSSS!!!!