miércoles, 31 de enero de 2018

1º día CLUB LECTURA 6º PRIMARIA



Hoxe foi o gran día!! Comezamos o club de lectura!

GRUPOS DE 6ª DE E.P
   Como todo inicio de curso, o primero foi presentarnos e dicir algunha cousa que nos gusta facer. Despois , decidimos elexir un nome e un logotipo para o club de lectura .( Noutra sesión veremos as distintas opcións)
E por último,presentamos o libro"MURIEL", a autora e a ilustradora.Aquí deixamos unhas fotiños :






miércoles, 24 de enero de 2018

CLUB DE LECTURA DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.




31 DE XANEIRO AS 11:40 HORAS, NA HORA DE LER!! 

 Lectura, Educación, Leer Bien, Libro, Muñeca, Estudio


Estaremos na biblioteca para comezar O CLUB DE LECTURA  de 6º de primaria.


Este ano imos ler : MURIEL ,obra escrita por MARÍA CANOSA  e ilustrada por LUCÍA COBO.

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2017

muriel (ebook)-maria canosa-9788491212690



Resumo TVG : CADA DÍA UN LIBRO, PROGRAMA DA TELEVISIÓN GALEGA.

MARÍA CANOSA é a ESCRITORA .O mellor non a coñecedes polo que vamos a contarvos un pouco sobre ela.


É enxeñeira de Camiños , Canais e Portos de profesión e escritora de corazón.Fai equilibrios entre os números e as letras.
Aqui deixamos unhas entrevistas onde conta un montón de cousas sobre o seu día a día:



LUCÍA COBO é a ILUSTRADORA  de Muriel.


Información sobre Lucia Cobo

jueves, 11 de enero de 2018

CLUB DE LECTURA 5º xaneiro 2018

HOXE COMEZAMOS O CLUB DE LECTURA!!!

Este curso imos ler un libro tan ameno como ben ilustrado:
Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California
Texto: Érica Esmorís
Ilustracións: Jacobo Fernández Serrano
(Preme na imaxe para comezar a ler)

A portada xa convida a ler mais imos coñecer un pouco da súa escritora e do seu ilustrador:

  Preme nas imaxes para informarte!


                                                       (Sobre a  autora)


 (No blog do ilustrador)


                                       (Escoita todo o que conta Jacobo sobre como e por que debuxa)

Estamos preparad@s para surfear no libro???

Encontro con María Canosa




Hoxe visitou a nosa biblioteca María Canosa, autora do libro "Druídas" que está a ler o alumnado de 5º no clube de lectura.
Os rapaces non só falaron deste libro, sino que comentaron con María outros das súas obras, como as coleccións de poemas "Acuario", e "Acuario 2". 

Foi un encontro cheo de preguntas, curiosidades, inquetudes... cunha gran participación por parte do alumnado e unha estupenda invitada, coa que puideron falar de maneira moi cercana sobre o seu traballo. 
E tamén hubo tempo para, como non, adicar uns cantos exemplares!!


Moitas grazas María por compartir connosco estes ratiños!!


Encontro con Érica Esmorís

Onte, a nosa biblioteca encheuse de novo de vida, de historias e de auga salgada para recibir a Érica Esmorís, autora de Nena e o mar, obra á que o alumnado de 6º de primaria adicou este ano o seu clube de lectura.


Foi unha visita moi esperada, na que a autora comentou como foi o proceso de creación da obra, dende o inicio da idea ata o remate final coas ilustracións de Dani Padrón. 

Tamén comentou que trátase dun libro musicado, de feito a súa parella, coa que comparte predilección pola persoaxe do fareiro, compuxo unha canción para o seu traballo. 

Por suposto, tivemos tempo para facerlle moitas preguntas e para que nos adicase os nosos exemplares da obra. 





Moitas grazas Érica por adicarnos este ratiño!