lunes, 31 de marzo de 2014

NOVO GRUPO CO....CASTAÑEIRO!

Iniciamos unha nova lectura, co alumnado de SEXTO "b". As voces de Baltasar, Buto, as irmás Carabullo e como non, O CASTAÑEIRO DE ABRIL volverán a ter un lugar na nosa biblioteca. Novas ilusións, novas emocións esperando a visita con ansiedade o día 2 de abril do seu escritor, ANTONIO MANUEL FRAGA.

martes, 11 de marzo de 2014

ANTONIO SEIJAS....



Hoxe presentamos no CLUB DE LECTURA  a ANTONIO SEIJAS, o ilustrador do libro de ANTONIO MANUEL FRAGA  que estamos a ler no noso CLUB. Antonio traballa moitas facetas da ilustración, non só de libros senón tamén na BANDA DESEÑADA, discos, carteis etc....Naceu  preto de Pontedeume, en ARES e realiza frecuentes exposicións dos seus traballos, concretamente este mesmo mes expón en MADRID. No libro de ANTONIO MANUEL podemos admirar as magníficas ilustracións creadas por este artista aresán onde nos mostra a súa visión dos personaxes da obra, Baltasar, Buto, o castañeiro, as irmáns Carabullo...

Gañador de moitos premios como o ISAAC DÍAZ PARDO polo seu libro ilustrado CARTAS DE INVERNO. Se premes sobre a fotografía de ANTONIO  terás aceso ao seu blog, e enbaixo un vídeo para coñecer algo máis ao artista.Podemos tamén ver as súas ilustracións nos decorados da serie televisiva "La que se avecina"

)

miércoles, 29 de enero de 2014

A BIBLIOTECA, PUNTO DE ENCONTRO....

Comezamos as reunións na biblioteca do CLUB DE LECTURA no tempo da HORA DE LER. Personaxes como CATUXA, IRIA, NUNO.. o can LADRÓN e por suposto BUTO, o "cirurxián do calzado", o túzaro zapateiro, xa forman parte das nosas conversas, dos nosos comentarios e da nosa vida cotiá...

domingo, 26 de enero de 2014

CLUB DE LECTURA 2013-2014...

Un curso máis o CLUB DE LECTURA está presente dentro das actividades da BIBLIOTECA e comezamos con dous libros do escritor EUMÉS ANTONIO MANUEL FRAGA. Máis de OITENTA alumnos/as de CUARTO, QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA participarán, voluntariamente,  este ano  no CLUB. Os libros propostos son XILDAS e O CASTAÑEIRO DE ABRIL, PREMIO MERLÍN 2013. Todas e todos imos disfrutar coa lectura, cos comentarios, coas opinións,... sobre estes dous libros de LITERATURA INFANTIL E XUVENIL e que rematará aló pola primavera  coa visita á nosa biblioteca de ANTONIO para completar a información sobre os mesmos e contarnos as súas impresións como escritor e como EUMÉS. Grazas ANTONIO pola túa colaboración. Agardámoste!!!



 Antonio envíavos a seguinte mensaxe no comezo das actividades do
CLUB

   Desexo mandar un saúdo a todos os rapaces apuntados no club de lectura da biblioteca do Couceiro Freixomil de Pontedeume, e darlles os meus parabéns por animarse a participar nesta actividade. Poucas cousas me teñen dado tantas satisfaccións como ler, e nunca considerei tempo perdido o estar agarrado a un libro. Así, lendo na miña cama, na praia de Cabanas, na  biblioteca de Pontedeume, ou mesmo no Couceiro Freixomil durante os meus anos de estudante, puiden viaxar a centos de lugares diferentes e vivir as aventuras que outros viviron.
Hai que ter valor para viaxar dentro dun libro, e vós xa demostrastes a vosa afouteza apuntándovos a este club. Agora, a gozar da lectura! E lembrade sempre as palabras do escritor norteamericano Ray Bradbury: "Sen bibliotecas, que temos? Nin pasado nin futuro".