martes, 4 de febrero de 2020

CLUB DE LECTURA 6º.

Este curso 2019-20 o alumnado de sexto traballará co libro do autor Antón Cortizas Os Gritos das illas Lobeiras.
Esperamos que esta actividade contribúa a desenvolver o gusto pola lectura no noso alumnado.




Quen é o autor?

Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato «A media muller» co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: «Memorias dun río» (1988), Premio Barco de Vapor 1988; «Xiganano ¿onde estás?» (1990); «O conto dos sete medos» (1991), Premio Barco de Vapor 1991; «O lapis de Rosalía» (1992) (Xerais 2015); «A bruxa sen curuxa» (1993); «O merlo de ferro» (1995) (Xerais 2013); «Os gritos das illas Lobeiras» (Xerais 2019), Premio Barco de Vapor 1995; «Historias e algún percance todas ditas en romance» (1996); «Leonel» (Xerais 1996); «Contos de vento e de nunca acabar» (1999); «Dominicus o dragón» (2001); «A merla de trapo», Premio Merlín de Literatura Infantil (Xerais 2001); «¡Cázame ese pensamento!» (2001); «O coleccionista de sombras» (2002), «Onde o sol non adormece» (Xerais 2003) e «Vaia tropa!» (Xerais 2011). Como investigador publicou «Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares» (Xerais 2001), «Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota» (Xerais 2010) e «Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza» (Xerais 2013) Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, 2013 e Premio Losada Diéguez de Investigación 2014 . Coa obra «Incrible invento de Solfis, a pianista» (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós e con «Xogando con gatos» (Xerais 2015), o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014.

Para saber máis sobre o ilustrador, Leandro Lamas podes clicar no seu nome.

domingo, 2 de febrero de 2020

QUEN SALVOU UN CAN. !! CLUB DE LECTURA 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 2020.


 

AQUÍ ESTAMOS, COMEZANDO O CLUB DE LECTURA  2020!!!

 

 Este ano DA MAN DE ….QUEN SALVA UN CAN!! da escritora galega ÉRICA ESMORÍS.


 PREMIADA  CO PREMIO MERLÍN 2020!!




ÉRICA Esmorís  xa foi premiada CO PREMIO MERLÍN no ano 2015 pola súa obra NENA E O MAR.




Argumento da obra:

QUE FARÍAS POR SALVAR O TEU CAN?

Rai faríao todo. Por amor á súa cadela Nona, Rai lánzase á aventura máis disparatada e, por momentos arriscada, na terra onde os cans falan. Conducido polos cans Brutus Máximus, Matateu von der Lempertaler, Sete e Garlapata, e pola gata Laika (voluntarios da impopular asociación Amigos dos Humanos), Rai terá que atravesar as montañas Xemelgas, cruzar o bosque Escuro, superar o río Inquedo e, o máis importante, descifrar o corazón dos cinco voluntarios.
Aventuras, emoción e humor nunha historia de busca e de sorprendentes achados.
 
 
Moitos/as coñecedes a Érica Esmorís doutras obras , porque na nosa biblioteca contamos con exemplares desta autora.
 
Pero por se acaso, para os/as non a coñecedes aquí deixamos o enlace a súa páxina web, para que poidades leer un pouco sobre a súa vida .