lunes, 25 de mayo de 2015

MARCOS CALVEIRO NO CLUB DE LECTURA...



MARCOS CALVEIRO estivo no noso CLUB DE LECTURA compartindo unha xornada moi, mois especial na que Marcos realizou comentarios sobre os libros traballados nas últimas semanas no CLUB. Por un lado PALABRAS DE AUGAe polo outro O CARTEIRO DE BAGDAD.
"O oitavo día que a lanza fica chantada na terra, Amadou non pode pasar toda a xornada baixo o inclemente solleiro encrequenado cos seus compañeiros arredor dela como aquel primeiro  día. Todos eles teñen que asistir ao consello da tribo para falar de "Palabras de auga". Jambo! Benvidos a todas e todos a este consello do clan dos wataki, do país de Lomba. Hoxe, mulleres e nenos van ter voz nas decisións do noso clan. Todos, despois de ter lido o libro, gañamos o dereito de acudir á reunión..."
Marcos falounos moito máis ca do seu libro: falounos de África, da súa música e os seus bailes, da seca, da loita pola supervivencia, do que une aos nenos de todo o mundo e do que, por desgraza, os separa. E contestou moitas, pero que moitas preguntas....
Un dos momentos máis emocionantes foi cando nos falou do COLTÁN, esa combinación de minerais que se está a converter no ouro negro de século XXI debido á súa utilización na fabricación de teléfonos móbiles, tabletas, consolas, pantallas...O coltán é o mineral que se agocha baixo o enigmático sobrenome das "PEDRAS NEGRAS" no libro

Despois de despedir ao grupo que leu PALABRAS DE AUGA, cambiamos o grupo e o escenario. Trasladámonos a BAGDAD, cideda milenaria para comentar o libro de Marcos O CARTEIRO DE BAGDAD.

“Estamos en Bagdad, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d’As mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúa. Alleo a todo, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.”

As preguntas e a participación do alumnado foi moi, moi interesante e Marcos explicoulle como foi e como é actualmente a vida nesta cidade onde os balbordos das armas resoan sen cesar. Foi unha experiencia emocionante!!!