jueves, 12 de abril de 2012

PUNTO E SEGUIDO...

O traballo co libro de GONZALO MOURE PALABRAS DE CARAMELO  chegou ao seu fin. Foi unha experiencia inesquecible que hoxe rematamos coa derradeira xuntanza. Quedan no noso corazón KORI e o seu camelo, as súas xentes, o seu pobo que nos axudaron a COÑECERNOS PARA QUERERNOS. E sobre todo queda a visita de Gonzalo que nos abriu novos camiños, unha visión distinta do mundo, mais aberta e sen cancelas. Pero esto é só un PUNTO E SEGUIDO pois o CLUB DE LECTURA  segue adiante....!!!

domingo, 11 de marzo de 2012

COMUNICACIÓN DE GONZALO...



Despois de enviarlle as fotos das xuntanzas que tivemos o pasado día 8 na biblioteca, Gonzalo  mándavos  o seguinte saúdo:


..."Para mí fue un placer, un honor. Lo es cada vez, me sigue paraciendo más que un lujo, esa oportunidad de acercarme a los corazones de los lectores, de formar ya parte de su camino por la cultura. Gracias a vosotros, sin duda. Saludad a los chavales de mi parte, y para todos un fuerte abrazo."

sábado, 10 de marzo de 2012

ENCONTRO CON GONZALO MOURE...

Tal como estaba previsto, o pasado xoves día 8,  estivo no CLUB DE LECTURA o escritor GONZALALO MOURE. Foi unha visita totalmente inesquecible pois, tal como se pode ver nas fotos da reunión, o alumnado e profesorado que asistiu á mesma quedou totalmente abraiado, engaiolado,... pola linguaxe tan directa de Gonzalo,  verdadeiro maestro da comunicación. Sabe meter, cunhas poucas pinceladas, ao auditorio no peto, e se este auditorio xa estaba enganchado previamente coa lectura de PALABRAS DE CARAMELO,  o efecto conseguido  é  espectacular. Pasóusenos a hora voando e aprendimos un montón de cousas. Aprendimos a querer e comprender  mais a KORI, a CARAMELO, e sobre todo ao POBO SAHARAUI.
Gonzalo, segue charlando moitos anos con  FATIMETSU coas mans e co corazón. Grazas por todo, amigo!!!



miércoles, 29 de febrero de 2012

Gonzalo, mais preto...

Xa queda pouco para a visita de Gonzalo Moure. Será o vindeiro xoves, 8 de marzo, cando esté connosco para comentarnos cousas dos seus libros, de PALABRAS DE CARAMELO, de KORI e  do seu camelo, da vida no deserto, da vida nos campamentos de refuxiados... na esperanza dun povo en retornar algún día ás súas terras. Esperámoste, GONZALO.

sábado, 25 de febrero de 2012

O NOSO CLUB...








Aquí estamos todas e todos os que somos. Comentamos, reflexionamos, intercambiamos opinións... e sobre todo, disfrutamos coa lectura, coa lectura deste libro PALABRAS DE CARAMELO de GONZALO MOURE a quen esperamos moi pronto no noso colexio. Esperámolo con agarimo para coñecernos, para... COÑECERNOS PARA QUERERNOS.

lunes, 23 de enero de 2012

PALABRAS DE CARAMELO











Comezamos un novo curso no CLUB DE LECTURA. Dámoslle a benvida aos novos alumnos e alumnas que se incorporan a este CLUB e dándolle as grazas aos que seguen un ano máis  lendo e compartindo.
Este ano, a nosa biblioteca xunto con outras moitas bibliotecas de FERROLTERRA, estamos enfrascados no coñecemento e colaboración dun marabilloso proxecto cos nenos e nenas do SAHARA. Baixo o lema COÑECERNOS PARA QUERERNOS descubrimos o BUBISHER e desde ese momento  queremos saber máis, coñecernos mellor, compartir,..                                                                         
No CLUB DE LECTURA imos ler e comentar un libro escrito por GONZALO MOURE, e que nos presenta a relación de amizade entre KORI, un neno saharaui xordomudo de oito anos, e un camelo. Unha historia de silencios e palabras, de conversas coas mans e co corazón, de amizade e de dor. Unha historia que nos levará  ata SMARA e que nos permitirá achegarnos a vidacotiá dos campamentos de refuxiados de Tinduf, onde vive o pobo saharaui ese pobo que GONZALO MOURE visita con frecuencia nunha rfelación tamén de amizade, que o levou a participar en proxectos tan fermosos como o BUBISHER. Alí, en Smara, é onde Kori vai á escola e devece por aprender a escribir.