domingo, 25 de enero de 2015

MARCOS CALVEIRO NO CLUB DE LECTURA...

          Arranca de novo este curso 2014/2015, con toda a ilusión,  o CLUB DE LECTURA. Este ano vai adicado ao escritor MARCOS CALVEIRO
         

          MARCOS quixo ser arqueólogo, debuxante de cómics músico e arquitecto pero acabou exercendo de avogado en Vigo. De cativo era pouco falador; prefería observar o mundo e escoitar as historias dos clientes na taberna dos avós. Da súa paisón polas civilizacións afastadas naceu a súa necesidade de escribir e de contar...Moitas son as obras escritas por Marcos das que escollemos dúas para ler no soso CLUB: O CARTEIRO DE BAGDAG, premio ALA DELTA 2007 de literatura infantil, que lerá o alumnado de QUINTO e PALABRAS DE AUGA, premio MERLÍN 2012  de literatura infantil que traballará o alumnado de SEXTO e,  no medio, moitas máis obras e moitos máis premios.

        Na nosa lembranza está Zoe, filla do escritor, que compartiu con todos nós a súa estadía no colexio e a pesares de  que esta foi breve, botámola moito de menos.

         Comezamos o noso CLUB DE LECTURA e esperamos ter pronto a Marcos no noso centro para comentar, para compartir, para sañar...