miércoles, 9 de mayo de 2018

Visítanos María Canosa

Mañá 3 de maio é un gran día para os clubs de 6º. Achégase á nosa escola María Canosa a autora de  MURIEL o libro que están a ler coa axuda das profes Lydia e Marina.

Preme na imaxe!


Están espectantes ante a chegada da autora que encheu o seu maxín coas personaxes de Muriel, o raposo, o leiteiro,...Teñen moita curiosidade por coñecer máis da súa obra e teñen preparada a acollida, cartaces, preguntas, libros para asinar...


Aquí tedes a  Brais e Claudia  que nos falan de Muriel.










Que entusiasmo, non? Seguro que mañá descubren cousas novas de Muriel e de María Canosa.

Moitas grazas a María por compartir hoxe, 3 de maio, con nós a xénese da súa obra: Como naceron as personaxes, por que xusto un raposo e un leiteiro e non outro animal ou unha leiteira, a razón de elexir xusto ese marco para a historia e non calquera outro lugar ou tempo e sobre todo MURIEL, un neno coma nós, díxonos María.
E noraboa ao alumnado do club de lectura, que preguntas tan aqueladas, que actitude tan madura e respectuosa e que bos anfitrións para a nosa convidada.

Ademais de falarnos do nacemento do libro e respostar ás nosas dúbidas e curiosidades a autora asinounos e adicounos os libros e veu os traballos gráficos do club. Aquí quedan as imaxes!


















Recibimos a Érica Esmorís

Xa chegou o día en que o alumnado dos clubs de lectura de 5º coñeceron á autora de "Ulises e as cronoamigas".  Érica estivo con nós esta mañá.






























O alumnado de 5º A e B que traballaron con Mª Jesús e Mari dende xaneiro falando, lendo, debuxando, debatendo,...sobre o libro agardaban con moita ilusión pola visita da escritora, e ela non defraudou as súas espectativas.



Faloulles de como comezou a escribir, porque elexiu as personaxes do libro, en quen se inspirou...Veu os traballos da rapazada dos clubes de lectura, asinou oa libros...
Que mañá tan estupenda, ollade máis imaxes.!






miércoles, 7 de marzo de 2018

MENSAXES PROBLEMÁTICAS!!



 No último club de lectura , falamos de que o protagonista da historia "Muriel" chegoulle unha mensaxe nunha botella de leite. Entre todos decidimos facer unha versión das mensaxes... decidimos facer mensaxes con RETOS  OU ENIGMAS  , tanto matemáticos como de lingua.

 Todos os que queirades participar no xogo, o próximo día tedes que escribilo nun papeliño parecido o que lle apareceu a Muriel!!!





O 1º reto  que plantexamos foi : Cantos  noves  hai do cero o 100??










 QUEN ACERTARÁ!! MOITO ÁNIMO! 
ESPERAMOS OS VOSOS ENIGMAS!!!
 


LEITEIROS DE MURIEL!




Algúns nenos do noso Club volveronse investigadores e preguntaron as súas familias sobre a profesión dos leiteiros.
No club , un neno contounos a historia que lle ocorrera a súa avoa e outro fixonos este texto co debuxo.E por último, un debuxo que representa o leiteiro de Muriel.

MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN !! SODES XENAIS!




AS NOSAS PERSOAS ESPECIAIS ."Club 6º E.P "



O alumnado do Club lectura escribennos sobre as súas persoas especiais.Aquí unha pequena mostra dos traballos:







miércoles, 28 de febrero de 2018

Viaxando con Ulises

Xa están en marcha os clubes de 5ºA e 5ºB, Ulises e as cronoamigas:
Coñecémonos tod@s e ata escribimos nun "muro" moi persoal as nosas presentacións.
Estamos a iniciar as aventuras de Ulises, a nena que suspendeu Historia e pasa o verán nun campamento ben especial.
Ollade algunha imaxe da actividade








miércoles, 31 de enero de 2018

1º día CLUB LECTURA 6º PRIMARIA



Hoxe foi o gran día!! Comezamos o club de lectura!

GRUPOS DE 6ª DE E.P
   Como todo inicio de curso, o primero foi presentarnos e dicir algunha cousa que nos gusta facer. Despois , decidimos elexir un nome e un logotipo para o club de lectura .( Noutra sesión veremos as distintas opcións)
E por último,presentamos o libro"MURIEL", a autora e a ilustradora.Aquí deixamos unhas fotiños :






miércoles, 24 de enero de 2018

CLUB DE LECTURA DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.




31 DE XANEIRO AS 11:40 HORAS, NA HORA DE LER!! 

 Lectura, Educación, Leer Bien, Libro, Muñeca, Estudio


Estaremos na biblioteca para comezar O CLUB DE LECTURA  de 6º de primaria.


Este ano imos ler : MURIEL ,obra escrita por MARÍA CANOSA  e ilustrada por LUCÍA COBO.

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2017

muriel (ebook)-maria canosa-9788491212690



Resumo TVG : CADA DÍA UN LIBRO, PROGRAMA DA TELEVISIÓN GALEGA.

MARÍA CANOSA é a ESCRITORA .O mellor non a coñecedes polo que vamos a contarvos un pouco sobre ela.


É enxeñeira de Camiños , Canais e Portos de profesión e escritora de corazón.Fai equilibrios entre os números e as letras.
Aqui deixamos unhas entrevistas onde conta un montón de cousas sobre o seu día a día:



LUCÍA COBO é a ILUSTRADORA  de Muriel.


Información sobre Lucia Cobo

jueves, 11 de enero de 2018

CLUB DE LECTURA 5º xaneiro 2018

HOXE COMEZAMOS O CLUB DE LECTURA!!!

Este curso imos ler un libro tan ameno como ben ilustrado:
Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California
Texto: Érica Esmorís
Ilustracións: Jacobo Fernández Serrano
(Preme na imaxe para comezar a ler)

A portada xa convida a ler mais imos coñecer un pouco da súa escritora e do seu ilustrador:

  Preme nas imaxes para informarte!


                                                       (Sobre a  autora)


 (No blog do ilustrador)


                                       (Escoita todo o que conta Jacobo sobre como e por que debuxa)

Estamos preparad@s para surfear no libro???

Encontro con María Canosa




Hoxe visitou a nosa biblioteca María Canosa, autora do libro "Druídas" que está a ler o alumnado de 5º no clube de lectura.
Os rapaces non só falaron deste libro, sino que comentaron con María outros das súas obras, como as coleccións de poemas "Acuario", e "Acuario 2". 

Foi un encontro cheo de preguntas, curiosidades, inquetudes... cunha gran participación por parte do alumnado e unha estupenda invitada, coa que puideron falar de maneira moi cercana sobre o seu traballo. 
E tamén hubo tempo para, como non, adicar uns cantos exemplares!!


Moitas grazas María por compartir connosco estes ratiños!!


Encontro con Érica Esmorís

Onte, a nosa biblioteca encheuse de novo de vida, de historias e de auga salgada para recibir a Érica Esmorís, autora de Nena e o mar, obra á que o alumnado de 6º de primaria adicou este ano o seu clube de lectura.


Foi unha visita moi esperada, na que a autora comentou como foi o proceso de creación da obra, dende o inicio da idea ata o remate final coas ilustracións de Dani Padrón. 

Tamén comentou que trátase dun libro musicado, de feito a súa parella, coa que comparte predilección pola persoaxe do fareiro, compuxo unha canción para o seu traballo. 

Por suposto, tivemos tempo para facerlle moitas preguntas e para que nos adicase os nosos exemplares da obra. 





Moitas grazas Érica por adicarnos este ratiño!