sábado, 26 de enero de 2013

domingo, 20 de enero de 2013

NOVO PROXECTO DO CLUB...











Comezamos este novo curso no noso CLUB DE LECTURA con dúas novas propostas do escritor JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.  Por un lado, para o terceiro ciclo, o libro MIL COUSAS PODEN PASAR I, que recibiu o premio MERLÍN 2009. Por outro lado  e para o segundo ciclo o libro do mesmo autor A PEDRA E AS FORMIGAS. Temos que destacar que este ano ampliamos o CLUB ao alumnado do SEGUNDO CICLO. En total están anotados cáseque CEN ALUMNOS. Todo un éxito para o noso xoven CLUB pois todos os que acuden ao mesmo  acuden dun xeito totalmente voluntario. Por último comentar que JACOBO visitaranos ao longo deste curso e compartirá un tempo connosco na nosa BIBLIOTECA contándonos as súas impresións sobre as súas obras e mostrándonos a súa outra faceta, a de ilustrador, pois el realiza as ilustracións non só dos seus libros senón que tamén colabora cos outros escritores como por exemplo TERESA GONZÁLEZ COSTA na súa obra A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS  que tivemos a oportunidade de coñecer hai dous cursos despois de traballar o seu libro no noso CLUB. Ánimo a tod@s pois COMEZAMOOOOOOSSSSS!!!!