martes, 21 de mayo de 2019

Coñecendo a Cajaraville

Chegou o día! Xa coñecemos ao autor de Kusuma.


 Foi unha sesión diferente do club de lectura. Tivemos tempo a escoitar a Héctor e a conversar con el sobre a súa labor como escritor, a súa obra, as personaxes, os valores traballados na súa fábula, etc.




.Logo asinounos exemplares da súa obra.

















Escoitade retallos desta actividade!







Moitas grazas Héctor!

lunes, 20 de mayo de 2019

Hector Cajaraville fálanos de kusuma

O alumnado de 6º A e B, que vén de ler Kusuma e mañá recibe no club de lectura ao autor , Cajaraville, preséntanos e recoméndanos esta obra.

A través deste "booktrailer" fálannos da obra. A vindeira semana contaranvos con outro curto as impresións da visita do autor de KUSUMA.




Xa está Kusuma preparada para voar ata as vosas casas!

lunes, 13 de mayo de 2019

Preparando a visita de Héctor Cajaraville

Xa queda menos para coñecer en persoa ao autor de Kusuma. Imos realizar un "Booktrailer " entre tod@s! Ánimo, aquí deixámosvos unhas mostras para que vexades o que imos facer a semana que vén no club de lectura.
En primeiro lugar botádelle unha ollada ao seguinte video.


Centrádevos no guión , pois o libro xa o temos lido. Lembrade:

  • Amosar o libro á cámara.
  • Nomear autor, ilustrador i editorial.
  • Nomear as personaxes principais.
  • Facer un resumo da trama sen descubrir o final.
  • Dar a vosa opinión sobre o libro para recomendalo.







Boa sorte, traede o guión escrito e a semana que vén gravarémolo!