domingo, 20 de enero de 2019

"Choiva de ras" no club de lectura dos quintos.

" Choiva de ras " é unha aventura trepidante protagonizada por animais, inzada de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto.

Ánxela Loureiro é a súa autora. Ela compartirá con nós unha sesión do club a comezos de primavera. 
Para coñeecer antes de comezar o libro a Ánxela e á súa obra premede na imaxe.




Luisiño preséntanos "Choiva de ras" .
 Ten boa pinta, non?



Comezamos??!!

sábado, 19 de enero de 2019

Os sextos len "KUSUMA" DE HÉCTOR CAJARAVILLE

Kusuma vai ser a protagonista do clubes de lectura que comezan esta semana para 6ºA e 6º B.

kusuma é "unha fábula ecoloxista protagonizada por unha faisán que ten que deixar a súa terra ante a destrución causada polos humanos. Mais Kusuma atópase, no seu novo fogar alén mar, co racismo, co rexeitamento dos inmigrantes polo feito de vir "de fóra".
Héctor Cajaraville xornalista, profesor e escritor galego é o autor desta novela que vén de recibir o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018
 Premendo na súa foto poderedes ler unha entrevista onde Cajaraville nos fala se Kusuma e doutras das súas obras.




E aquí tedes a dúas libreiras que tamén nos falan de Kusuma.






E un avance das personaxes que imos coñecer xunto a kusuma.







A que xa temos gañas de comezar a lelo?



Comezamos o club!









E preguntámonos cal é o froito da palmeira que invade a selva de Kusuma?

 Preme e infórmate
Preme!

Para máis información, le!