miércoles, 21 de abril de 2010

PREPARADOS, LISTOS,..


Arrincamos!!! Por fin podemos poñer en marcha este CLUB DE LECTURA. Club para falar, para debater, para emocionarse, para desenvolver a nosa imaxinación e a nosa fantasía, para reunir aos "vellos" lectores e animar a aqueles que queren comezar a súa andaina polo mundo máxico dos libros.
Para comezar escollemos o libro O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA. Este libro é un clásico da nosa literatura infantil e xuvenil contemporánea. A súa autora , FINA CASALDERREY, gañou o PREMIO O BARCO DE VAPOR 1994 E O PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 1996.


A Lúa, a gata, desaparécenlle os gatiños...
David, non entende este misterio...
Quen lle leva os fillos a Lúa?...

17 comentarios:

  1. Hoxe, 3 de maio, comezamos a nosa andaina no CLUB DE LECTURA. Benvidos e benvidas ao mesmo.

    ResponderEliminar
  2. O biscoito de chocolate que fixo o profe Xulio estaba ben bo.

    ResponderEliminar
  3. Eu estou de acordo como meu compañeir@ estaba moi
    bo.

    Encantame o club de lectura!

    ResponderEliminar
  4. O clube de lectura e xenial!
    Encantoume o biscoito de chocolate.

    ResponderEliminar
  5. espero que o clube de lectura repitase o ano que ven.

    ResponderEliminar
  6. concordo con todos que estaba ben rico.

    ResponderEliminar
  7. o biscoito era xenial!!!!!!todo era xenial!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  8. Gústame moito o libro que estamos lendo no club.
    Estou desexando que nos volvamos a reunir!!!!

    ResponderEliminar
  9. Xa arrancamos o clube de lectura, por certo o libro é moi bo

    ResponderEliminar
  10. ¡Xa lín os cinco capitulos e o libro é moi interesante!

    ResponderEliminar
  11. EU XA LIN OS 5 CAPÍTULOS E A METADE DO CAPÍTULO SEGUINTE ,GUSTAME MOITO LEER E SOBRE TODO CONTOS DOS ANIMAIS .¡OXALA LLE GUSTE A TODO O MUNDO O LIBRO O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA !

    ResponderEliminar
  12. Esta idea foi moi boa, anque estaría mellor quedar máis dun día á semana. Aínda así está verdadeiramente ben. Boa idea COUCEIRO!!!

    ResponderEliminar
  13. É xenial!! Estupendo!! Marabilloso!!
    Encántame o clube de lectura!!

    ResponderEliminar
  14. O libro polo momento é moi bó . Sobre todo os capítulos 3, 4 e 5

    ResponderEliminar
  15. Despois de ler os primeiros capítulos teño curiosidade por continuar lendo o libro.

    ResponderEliminar
  16. O libro de:o misterio dos fillos de lùa esta moi ben!!
    Xa ao pricipio esta xenial e ao final....!!!
    Estou desexando que nos volvamos reunir para que Julio diga que xa hai que rematar ò libroo!!!

    ResponderEliminar
  17. ao final o libro é xenial . A avoa tiña razón ? Alguén os roubara? O veremos nos tres últimos capítulos!

    ResponderEliminar