lunes, 23 de enero de 2012

PALABRAS DE CARAMELO











Comezamos un novo curso no CLUB DE LECTURA. Dámoslle a benvida aos novos alumnos e alumnas que se incorporan a este CLUB e dándolle as grazas aos que seguen un ano máis  lendo e compartindo.
Este ano, a nosa biblioteca xunto con outras moitas bibliotecas de FERROLTERRA, estamos enfrascados no coñecemento e colaboración dun marabilloso proxecto cos nenos e nenas do SAHARA. Baixo o lema COÑECERNOS PARA QUERERNOS descubrimos o BUBISHER e desde ese momento  queremos saber máis, coñecernos mellor, compartir,..                                                                         
No CLUB DE LECTURA imos ler e comentar un libro escrito por GONZALO MOURE, e que nos presenta a relación de amizade entre KORI, un neno saharaui xordomudo de oito anos, e un camelo. Unha historia de silencios e palabras, de conversas coas mans e co corazón, de amizade e de dor. Unha historia que nos levará  ata SMARA e que nos permitirá achegarnos a vidacotiá dos campamentos de refuxiados de Tinduf, onde vive o pobo saharaui ese pobo que GONZALO MOURE visita con frecuencia nunha rfelación tamén de amizade, que o levou a participar en proxectos tan fermosos como o BUBISHER. Alí, en Smara, é onde Kori vai á escola e devece por aprender a escribir.

18 comentarios:

  1. Ánimo, disfrutade desta lectura chea de amizade e sentimento. Saúdos. JULIO.

    ResponderEliminar
  2. O venres día 10 celebraremos a primeira xuntanza do CLUB DE LECTURA na biblioteca na HORA DE LER. Ánimo e preparádevos para comentar, para disfrutar coa lectura, para descubrir o mundo de KORI e CARAMELO.
    Saúdo. JULIO.

    ResponderEliminar
  3. HOXE COMEZAMOS COAS REUNIÓNS.
    OS ALUMNOS E ALUMNAS DO CLUB.

    ResponderEliminar
  4. Eu xa lin o libro de "Palabras de Caramelo" e é moi interesante.Estou impaciente por ler o seguinte.
    Unha aperta Lorena.

    ResponderEliminar
  5. Ainda que eu tamén lera o libro coma Lorena e seguro que outros mais tamén como remata estou desexando que o luns comentemos sobre o segundo capítulo.

    ResponderEliminar
  6. Eu tamén lin o libro e encantoume,como elas dúas espero que chegue o luns para comentar o novo capítulo.

    Un saúdo
    PAULA VEIGA

    ResponderEliminar
  7. A min gustoume moito o libro.
    Pareceme un libro moi interesante e moi bonito.
    Estou deseando que chege o Luns para a seguinte reunión e comentar o segundo capítulo.

    De
    Nerea.

    ResponderEliminar
  8. Hola¡¡¡

    Estou desexando que veña Gonzalo Moure

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  9. Eu tamén quero que veña, xa rematei o libro e teño moitas preguntas sobre o libro.


    Un saudo.

    ResponderEliminar
  10. Eu tamen quero que veña Gonzalo Moure, ademais tamen quero rematar o libro, ten moi boa pinta

    ResponderEliminar
  11. GUSTAME MOITO CLUB DE LECTURA ESTOU DESEXANDO QUE VEÑA GONZALO MOURE.

    ResponderEliminar
  12. Me lei el libro y es muy bonito.

    ResponderEliminar
  13. HOLA:
    Eu que xa me lira o libro coma a maioria dos nenos e nenas do clube de lectura.Tamen penso que
    o clube é moi divertido.É estou desexando que veña GONZALO MOURE !

    ResponderEliminar
  14. Encantame a idea de Xulio de facer un mural cos nosos debuxos e poemas sempre que este relacionado co libro que estamos lendo "Palabras
    de Caramelo".

    ResponderEliminar
  15. ESTOU DE ACORDO CONTIGO DELIA.

    ResponderEliminar
  16. Melei el libro y me encanto, estoi deseando que lle Gonzalo Moure

    ResponderEliminar
  17. Cando rematei o libro deume moita pena, pero me encantóu.

    ResponderEliminar
  18. Foi xenial que hoxe viñera Gonzalo Moure

    ResponderEliminar