kusuma é "unha fábula ecoloxista protagonizada por unha faisán que ten que deixar a súa terra ante a destrución causada polos humanos. Mais Kusuma atópase, no seu novo fogar alén mar, co racismo, co rexeitamento dos inmigrantes polo feito de vir "de fóra".
Héctor Cajaraville xornalista, profesor e escritor galego é o autor desta novela que vén de recibir o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018
Premendo na súa foto poderedes ler unha entrevista onde Cajaraville nos fala se Kusuma e doutras das súas obras.
E aquí tedes a dúas libreiras que tamén nos falan de Kusuma.
E un avance das personaxes que imos coñecer xunto a kusuma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario