domingo, 10 de enero de 2016

DRUÍDAS...

      
      Manéxase con solvencia María Canosa nesta  proposta xuvenil pois non é doado harmonizar, nin facer converxer con sutileza, un plano realista -ese que espella a relación entre un avó e a súa neta- con outro marabilloso onde os ecos da tradición druídica focalizan o interese traendo canda si historias fantásticas e lendarias que avivan o ritmo narrativo. Non se esquece, tampouco, reparar  na relevancia que o respecto pola natureza, as crenzas populares e a ciencia, a lectura e a amizade atesouran para aprender, para aprender a resistir.







   Area cre que seu avó fai maxia, que é un dos últimos druídas de Galicia. o avó tiña os sentidos moi desenvolvidos; el dicía que era polos anos, pero a Area continuaba a asombrala. El sempre dicía que pola vida sempre hai que barallar todas as cartas, porque as opcións son moi variadas. Levar os ollos ben abertos é o mellor que se pode facer...


          María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha escritora galega de literatura infantil e xuvenil. Filla da escritora Concha Blanco, trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios. Titulouse como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña, traballou de enxeñeira e foi a Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011 ata principios de 2013 cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupa o posto de experta.



1 comentario:

  1. Comezamos a nosa andaina no CLUB DE LECTURA no presente curso. Ao alumnado de 5º propoñemos este libro de MARÍA CANOSA titulado DRUÍDAS. Esperamos que vos guste. Por certo...MARÍA vai estar connoscos dentro dunhas semanas e poderedes preguntarlle e comentar todas as vosos inquedanzas e as impresións e comentarios que consideredes opontunos sonbre este libro.
    Disfrutádeo e... BOA LECTURA!!!

    ResponderEliminar