lunes, 11 de enero de 2016

Nena e o mar...

Premio Merlín de Literatura Infantil 2015
Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón, Nena loitará contra a desidia e cansazo dos seus vellos habitantes e con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá nun bote pequeno unha aventura temeraria e fantástica para rescatar ao seu pai.Nena e o mar é unha novela circular e coral, unha aventura de esperanza e valentía, onde todo, absolutamente todo, é posible; mais onde tamén se poden saborear a ritmo pausado todos os ingredientes da vida nunha vila mariñeira e profundar nas historias dos seus vellos mariñeiros.
A escritora fala de seu...
"Nacín nunha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, dende o principio, os meus compañeiros de viaxe. 
Amante dos animais, estudei veterinaria e, aínda que exercín uns anos, deseguida cambiei o bisturí polo teclado do ordenador e unha profesión máis creativa.


Traballei nalgunhas das máis importantes produtoras audiovisuais de Galicia, tanto no departamento de desenvolvemento e guión como no de dirección. Como narradora publiquei en Sushi Books as novelas infantís O poder de Amabel (2013), traducida ao castelán, catalán e éuscaros; e Ulises e ascronoamigas (2015). Gañei o Premio Merlín de literatura infantil 2015 coa novela Nena e o mar (Xerais, 2015)."


        Onde se inspirou ÉRICA ESMORÍS para  escribir NENA E O MAR?...
            Imos aprender algo máis...

CAIÓN - A LARACHA  (A CORUÑA)





                   
             MUSEO DO MAR




No hay comentarios:

Publicar un comentario